Skip to Content

PRESENTACIÓN DO CURSO 2020/2021 - EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS (ESA): MÓDULOS I E IV

Novas | IES Pedro Floriani

Os Módulos II e IV do Curso 2020/2021 en Educación Secundaria de Adultos (ESA) no I.E.S Pedro Floriani darán inicio o vindeiro luns 8 de febreiro de 2020.

XOVES 24 DE SETEMBRO

CURSO    

HORARIO

AULA

PORTA DE ENTRADA AO RECINTO ESCOLAR

MÓDULO II

18:30

29

A

MÓDULO IV

18:30

21

A

Instrucións a seguir polo alumnado o día da presentación dos Módulos II e IV do curso 2020/2021 da ESA:

  • O alumnado acudirá ao centro á hora indicada máis arriba.
  • O alumnado entrará a través da porta de acceso A (en amarelo no plano inferior "Planta Baixa") en ringleira con distancia de 1,5 m.
  • O alumnado deberá botar xel hidroalcólico na porta de entrada do centro e subir ata o segundo andar do centro (en amarelo no plano inferior "Segunda Planta"), ata a aula que lle corresponde.
  • Para entrar na aula o alumnado deberá coller un anaco de papel impregnado no produto de limpeza e limpar a súa mesa, posteriormente botarao no lixo correspondente e limpará as mans de novo con solución hidroalcólica.
  • O/A profesor/a daralle a benvida e explicará as normas, a organización e o funcionamento do curso.
  • Unha vez rematada a presentación, o alumnado sairá pola mesma porta pola que ten o acceso.
  • O alumnado debe permanecer coa máscara posta e manterá a distancia de 1,5 metros no recinto en todo momento.





page | by Dr. Radut