
NORMATIVA E CALENDARIO
- O alumnado accederá desde o blog Bibliofloniani ao formulario para solicitar o libro que quere ler de 1º e 2º ESO ou de 3º, 4º e FP Básica.
- No formulario figuran dous enlaces a padlet con propostas de lecturas: un dirixido a 1º e 2º de ESO e outro para 3º, 4º e FP Básica.
- Cada persoa deberá encher un formulario para formalizar o empréstito do seu libro para a Hora de ler. No formulario deberá incluir alomenos catro títulos por orde de preferencia, aínda que o préstamo será só dun libro.
- Pódense pedir libros de calquera dos dous padlet, independentemente do curso ao que se pertenza. Así, un alumno/a de 3º ou 4º pode pedir libros do padlet de 1º e 2º e viceversa. Sen embargo, a pertenza a un determinado curso pode dar prioridade á hora de tomar prestado un libro se máis dunha persoa o solicita.
- O alumnado recibirá na aula a caixa con todos os libros do seu grupo (un por persoa). Ao finalizar a sesión a caixa deberá baixarse á biblioteca, onde permanecerá ata a seguinte sesión.
- En cada libro figurará unha nota (post-it) co seu destinatario/a. Ademais, pegada na caixa irá unha lista con todo o alumnado do grupo e o libro que ten cada un/ha.
- Se algunha persoa quere cambiar o libro de lectura, deberá comunicalo a través dun correo electrónico a horadelerfloriani@gmail.com no que inclúa o seu nome, curso e o libro que solicita con, polo menos, 24 horas de antelación con respecto á seguinte sesión da Hora de ler. É aconsellable que o alumno/a inclúa polo menos dous títulos por orde de preferencia, por se o que desexa ler non está dispoñible nese momento.
- De non poder comunicalo a través do correo electrónico, deberá facelo a través dunha nota que se entregará coa caixa.
|
||
1ª Avaliación Día de lectura: MARTES |
2ª Avaliación Día de lectura: MÉRCORES |
3ª Avaliación Día de lectura: XOVES |
20/10: 9:00-9:50 Recollida libros: |
20/01: 9:00-9:50 Recollida libros: |
15/04: 9:00-9:50 Recollida libros: |