Skip to Content

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Desde o venres día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2019/20.
Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como aos de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.
Os trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática creada para tal fin: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Segundo o sorteo público efectuado, no caso de empate de puntuación para unha mesma praza, as letras de desempate son “E” e“C” para o primeiro apelido e “U” e “P” para o segundo.
Imaxe relacionada
AdxuntoTamaño
Anexo II.pdf1.13 MB


book | by Dr. Radut