CURSO CAPACITACIÓN DIXITAL
A Xunta de Galicia vén de habilitar aulas nos centros de educación para persoas adultas co obxectivo de facilitar a capacitación dixital. O IES Pedro Floriani impartirá o dito curso, co obxectivo de formar en competencias dixitais básicas á poboación adulta do concello de Redondela.
Esta actuación permitirá á cidadanía formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo se realizan de forma telemática.
As actividades irán dirixidas, preferentemente, ás persoas maiores de 55 anos cun nivel baixo de cualificación neste eido, atendendo especialmente a fenda de xénero á poboación vulnerable e ás zonas rurais.
O comezo será o 9 de outubro de 2023 e o horario o luns de 18:30 - 21:00 horas e os xoves de 17:00 - 19:30 horas.
A inscrición pode realizarse na secretaría do instituto presentando o formulario que se xunta.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude_de_inscricion_curso_de_capacitacion_dixital_IES_Pedro_Floriani.pdf | 127.6 KB |