O debuxo é unha linguaxe universal que supón unha actividade intelectual en tanto que é un medio de análise e de coñecemento. É a primeira ligazón de unión entre a idea e a súa representación gráfica, o que propicia que sexa a orixe de múltiples actividades creadoras e que resulte imprescindible no desenvolvemento de todas as demais artes, xa que é un paso previo na resolución de proxectos e propostas artísticas. Isto fai que os tipos de debuxo e os seus ámbitos de aplicación sexan extensos e variados, con áreas de coñecemento moi distintas e con necesidades formais e técnicas igualmente diversas.