2012/13

Sesións terroríficas de lectura

Sesións terroríficas de lectura
Para celebrar o Samaín realizamos unha Sesión Terrorífica de Lectura na nosa biblioteca; era a primeira actividade deseñada polos MQs (os que continúan e as novas incorporacións) este curso.

Ana, Itziar, Karen, Sofía, Iria, Nerea, Samuel, Gwen e Nuria foron os encargados de meternos o medo no corpo e o resto elaboraron unhas espeluznantes invitacións e decoraron a nosa Calixtina.

Os relatos escolmados foron:"Sobre a morte do Bieito" de Rafael Dieste, "Eu fixen ouigha co espíritu de Castelao" do libro "Made 

in Galiza" de Sechu Sende e "O xogo da guerra" extraído de "Vento ferido" de Carlos Casares que podedes escoitar neste podcast.

Máis información no blog da bilblioteca.

Destino...¡ Compostela! Bo camiño.

Destino...¡ Compostela! Bo camiño.

 

22 de outubro, segunda feira… despois dunha noite sen parar de chover, amence coa mesma cara coa que pasara a noite, quer dicir, CHOVENDO!!

Pero cando digo chover, é chover a xeito, con forza, cando as nubes teñen frío, xúntanse e, ala!, non paran de soltar auga. Así, con este parte meteorolóxico, saímos pola mañá cedo cara Arzúa.

A chuvia non podía ser un atranco e, valentes e rexos, collemos camiño cara o norte.

Boa noite de Samaín

Boa noite de Samaín

Toca descansar catro días. Pero para empezar temos que disfrutar da noite de Samaín.

Descubre na wikipedia galega a orixe desta celebración tan xenuinamente galega: Samaín

Tamén podes entender a relación que a palabra inglesa "Halloween" garda na súa orixe coa nosas raíces.

Powered by Drupal - Design by artinet