15 de marzo: Día dos dereitos do consumidor

Coincidindo co día dos Dereitos do Consumidor realizáronse unha serie de actividades co alumnado de 1º da ESO na clase de matemáticas, coa finalidade de informalos e conciencialos de cara a un consumo responsable.

Trátase de que coñezan as etiquetas e a información que nos deberían aportar, así como os ingredientes e valores enerxéticos que conteñen algúns dos alimentos inxeridos por eles de forma habitual.

Aproveitamos para aplicar o cálculo de regras de tres e porcentaxes ás mesmas.

15 de marzo: Día dos dereitos do consumidor

Powered by Drupal - Design by artinet