O IES Pedra da Auga está a participar no convenio KA102 "NEXT STATION: IMPROVING PROFESSIONAL SKILLS IN GALICIA" que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universita asinou coa Unión Europea.
O proxecto foi aprobado por 24 meses, do 4 de xullo de 2016 ao 3 de xullo de 2018. Mediante o convenio, o alumnado dos Ciclos Medios do noso centro terán a posibilidade de facer a FCT noutros países da Comunidade Europea.
O Programa ERASMUS+ fai a Consellería beneficiaria dunha subvención que facilita a seguintes mobilidades:
- 325 estudantes de ciclos formativos de grao medio
- 20 mobilidades para estudantes de FP Básica
- 50 mobilidades para persoas tituladas de ciclos formativos de grao medio
- 75 profesores/as
- 37 profesores/as acompañantes
http://www.edu.xunta.es/fp/improving-professional-skills-galicia