Saltar navegación.
Inicio

Servizos da Augateca

Servizos da Augateca

 


 

A Augateca ofrece entre outros servizos:

  • Fondos na sala (periódicos, revistas, libros, DVD) para consultar na AUGATECA
  • Ordenadores e tablets para consultar  e facer traballos, con fins educativos
  • Préstamo para casa de libros, DVD, e lectores electrónicos
  • Lectura, estudo e obradoiros nos recreos
  • Diversas actividades de animación á lectura e conmemoracións
  • Formación de usuarios
  • Diseño e coordinación de proxectos de investigación interdisciplinares e colaborativos (ALFIN/AMI) Club de lecturaMochilas de garda, con libros para levar as aulas.Un espazo creativo, punto de encontro do alumnado nos recreos para deseñar e construír, innovar e ser creativos, compartir e aprender a través da experiencia (robótica, domótica, artes. ...)
  • Bibliotecas de aula, dotadas de fondos específicos cada curso
  • Puntos de lectura informal nalgúns corredores do Centro
  • Un blog que informa sobre todo o relacionado coa Augateca (novidades, actividades, servizos, catálogo en liña...) http://augateca.blogspot.com/

Os fondos están catalogados e rexistrados seguindo a Clasificación Decimal Universal (CDU), de xeito dixital co programa Meiga. Pódese consultar todo o material que posúe a Augateca a través de internet, no catálogo en liña que ofrecemos dende o blog.

O préstamo, devolución ou renovación de materias para os usuarios da BE é exclusivamente no recreo, para iso deberán presentar o seu carné de lector e dirixirse aos encargados da Augateca.

A Augateca está aberta no horario lectivo, a condición de que estea un membro do equipo da BE ou un alumno/a colaborador. Pódese consultar o horario que figura na porta da entrada. Tamén é posible utilizar os espazos e recursos da Biblioteca durante o horario lectivo, previa reserva, acompañados dun profesor ou profesora para unha actividade programada a tal efecto.