Saltar navegación.
Inicio

DIA DOS ENAMORADOS

Para conmemorar o dia de San Valentín e para demostrar que o galego tamén é propicio- como calquera outra lingua- para manifestar o noso amor, no só o amor romántico senón tamen o amor a un irmán, pai, nai... o noso centro, dende o equipo de normalización lingüística e en colaboración cos departamentos de plástica e de galego preparamos un gran corazón que levaba  o título de "Galego, lingua de amor"  no que o alumnado da ESO, mediante pos-its de distintas cores (unha para cada curso) escribiron unha frase curta de amor. As frases eran de carácter anónimo.

Preme na imaxe para ver a galería