Dentro do programa de mobilidade ERASMUS+ KA102 xurde un novo socio francés en Rennes para establecer mobilidades entre alumnado de ciclos coma bacharelatos e profesores/as tanto en réximen de envío como de acollida.
Dende a Asesoría de Emprendemento no Sistema Educativo e Programas Europeos FP nos instan a que lle comuniquemos se estaría interesado o IES Pedra da Auga en recibir profesorado ou alumnado e polo tanto establecer unha colaboración no futuro con eles.