Skip to Content

Actividades, Ligazóns de interese, Novas

Feliz Día das Letras Galegas

No IES Pedra da Aguia imos conmemorar o Día das Letras Galegas con varias actividades ao redor da figura de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado este ano. 

O día 16, véspera da gran festa da nosa lingua, gozaremos coas propostas do noso alumnado. Dúas alumnas de 4º exercerán de mestras de cerimonia dun espectáculo no cal o alumnado de 1º interpretará a canción favorita de don Paco e o alumnado de 3º levaranos cunha representación teatral ata o ano 1963, data na que se celebrou o primeiro Día das Letras Galegas. 

Polo súa banda, o alumnado de 2º realizou un podcast que podedes escoitar pinchando no arquivo adxunto.

Esperamos que gocedes moito desta data. Feliz Día das Letras Galegas!

Día de Rosalía

Comprácenos compartir con toda a comunidade educativa o programa de radio realizado polo alumnado do IES Pedra da Aguia con motivo da celebración do Día de Rosalía.

Neste enlace poderedes acceder ao programa completo onde atoparedes moita información sobre a música e a poesía galega e tamén poderedes escoitar as marabillosas actuacións musicais do noso alumnado.

Trátase dun gran traballo co que este ano quixemos conmemorar o aniversario da nosa cantora eterna.

Parabéns a todos os participantes e feliz Día de Rosalía!

Quincena da poesía cantada

Achégase a quincena da poesía cantada no Instituto e queremos anunciarvos a celebración dun obradoiro de Hip-Hop e outro de Regueifa.

O obradorio de Hip-Hop celebrarase o día 28 de febreiro para os cursos de 3º e 4º da ESO. Prégase que os interesados en participar se poñan en contacto con Federico, profe de Música, ou con Carme, profe de Galego. 

O 1 de marzo será a quenda para que o alumnado de 1º e de 2º da ESO participen nun obradoiro de Regueifa.

Na semana seguinte organizaremos un concurso de rimas cantadas nos tempos de lecer dos días 8, 9 e 10 de marzo. Na primeira pausa realizarase a competición de regueifa e na segunda, a de freestyle. Podedes consultar as bases do concurso no documento adxunto.

Gozade coa poesía e coa música na quincena de rimas cantadas!

Premio Anual Otero Pedrayo para Alumnado de ESO e Bacharelato

Otero PedrayoA Fundación Ramón Oero Pedrayo, co apoio da SXPL, convoca o Premio Anual Otero Pedrayo para Alumnado de ESO e Bacharelato, co fin de contribuír ao coñecemento e perpetuar o legado do escritor ourensán. O prazo límite de envío dos traballos, escritos ou audiovisuais, das dúas categorías (individual e de grupo) será o 20 de febreiro.

Consultade as bases

PÍLULAS PARA MELLORAR O GALEGO

 

Preme na nube de palabras para ver pequenos vídeos do espazo Dígocho eu, da TVG, que nos axudan a reparar en erros frecuentes ó empregarmos a nosa lingua.

A nube está feita con palabras relacionadas dalgún xeito coa nosa vida na escola, todas agás unha. Es quen de atopala? Unha pista, é unha palabra que usamos gran cantidade de veces nesta zona.

Distribuir contido


by Dr. Radut