Skip to Content

Memoria do proxecto

Quérote +, curso 2022-2023

Isto foi o que se fixo no presente curso:

Durante o curso 2022-2023, nas materias de Lingua Galega, Lingua Castelá e Inglés dos grupos de  3ºA e 3ºB da ESO fóronse desenvolvendo os contidos que aparecen nas fichas do programa “Quérote +”do Plan Proxecta. Ademais, contamos tamén coa participación da mestra de apoio para o traballo, sobre todo, co alumnado neae. A secuencia de actividades foi a seguinte:

 Ficha 1: Fíxose una presentación do programa e informouse ao alumnado das diversas actividades e debates que se propoñían dende o programa. Tamén se fixo una primeira toma de contacto para ver o nivel de madurez e de coñecemento que había sobre os temas sexuais e sociais. Practicamos o acceso á plataforma e como ver todos os recursos que ten.

 Ficha 2: Durante esta sesión o alumnado escribiu preguntas ou dúbidas que teñen sobre sexo, vida sexual, etc. Neste apartado o alumnado mostrou unha inactividade e desinterese total. Non quixeron preguntar nada e case non houbo debate sobre os anticonceptivos nin sobre os vídeos proxectados.

 Ficha 3: Esta ficha desenvolveuse en dúas sesións. Este tema foi tratado como debate aberto na clase. A participación foi interesante e as opinións en xeral versaban sobre a liberdade e o respecto a calquera tipo de desexo ou identidade.

Falouse tamén de estereotipos e de como a linguaxe pode ter connotacións desagradables aínda que non haxa mala intención. Fixemos un xogo de intercambio de roles.

Por último, vimos a curta “Vestido novo”.

 Ficha 4: Para esta ficha o titor preparou unha serie de preguntas referidas ó amor romántico, o seu significado e vixencia, os roles de cada xénero, as consecuencias sociais, etc.

Tamén vimos o vídeo das “Queer avengers” para entrar en contexto.

Esta ficha e a seguinte foron as que máis participación e interese espertaron nas/os participantes.

Ficha 5: Sobre sexo e tecnoloxía houbo varios debates abertos, con bastante participación.

Exploráronse diversas situacióne e cambios de roles. Non se falou só de whatasapp ou Facebook, senón da sexualización dos medios de comunicación, a publicidade, etc.

Visualizouse “Doble check”. Algunhas opinión estaban orientadas cara á relación dos rapaces e outras sobre as razóns que esgrimían ambos.

En xeral, as respostas do alumnado van moi encamiñadas a dicir o que se espera deles, pero nalgúns casos hai una preocupante tendencia ó control das parellas.

 Ficha 6: Fixemos o rondó que propoñía a ficha e vimos as reaccións das persoas implicadas.

Na segunda sesión desta ficha vimos o vídeo sobre consentimento sexual. Tentamos contestar ás preguntas que aparecen na ficha e exploramos diversas situacións nas que pode haber malosentendidos ou complicacións en canto a relacións sexuais.

Por último, tamén se abordou o tema da autoestima, da aceptación e da relación entre medios de comunicación e imaxe social.

 Ficha 7: Durante esta sesión estableceuse una liña base para empezar o debate. Non se fixeron grupos como propón a actividade, senón que se fixo de xeito grupal.

Vimos algúns vídeos de publicidade sobre preservatidos dende os anos 80 ata os nosos días e analizamos os cambios sociais que houbo sobre este tema.

Falamos sobre o embarazo e as consecuencias. Analizamos as diferenzas que existen arrredor deste tema entre xéneros e sociais.

 Ficha 8: Nunha sesión valoramos os contidos que estivemos vendo nas fichas anteriores e falamos dos conceptos novos que aprendemos e se este tipo de programas son axeitados, se o alumnado está cómodo con este tema na aula, se se aproveitan, etc.

Imaxes do alumnado participante en acción

O estudantado participou activamente nas actividades do programa Quérote+. Aquí podemos ver algunhas mostras:

 

MOITAS GRAZAS TANTO AO PROFESORADO COMO AO ALUMNADO PARTICIPANTE POLA SÚA IMPLICACIÓN NO BO DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA!!!

Valoración do proxecto

VALORACIÓN DO PROFESORADO

Consideramos axeitado falar de sexo nas aulas, e curiosamente o alumnado comenta que lles resulta máis doado falar destes asuntos en clase que nas súas casas.

O programa en realidade está moi completo e está ben. Cremos que é unha actividade que debería repetirse e mais tendo en conta a gran ignorancia que percibín sobre o tema. Probablemente, no presente ano académico tería funcionado moito mellor cun alumnado máis receptivo e participativo (este tema traballámolo noutros centros e funcionou moi ben. O fallo non é do programa).

En todo caso, considero que gran parte dos debates, actividades e fichas están enfocadas dun xeito moi académico, e o alumnado “aprende” a respostar con corrección política. As súas opinións son en moitos casos as que saben que non lles ocasionan problemas nin debate. Aprenden cales son as respostas que a sociedade quere escoitar e repítenassistematicamente. Con todo, seguen a percibirse condutas sexistas no día a día que obviamente son contraditorias co que despois din que realmente pensan.

Por todo o dito, consideramos que o Quérote+ débese seguir realizando no noso Centro en vindeiros cursos.

Distribuir contido


by Dr. Radut