Skip to Content

Animación á lectura

HORA DE LER 2ª avaliación

 

Neste segundo trimestre continuamos coa HORA DE LER para normalizar o hábito lector entre a comunidade educativa. Deixamos o calendario desta avaliación adaptado ao horario matinal recén inaugurado. Lembrade que saltamos os recreos a 3ª e 4ª hora para lermos todo o centro simultaneamente.

 

 

 

Este Entroido 2020 celebramos a diversidade!

E chegou o Entroido! A festa onde todas as aparencias son posibles, os doces teñen forma de orellas, flores e filloas e a música e o humor o invaden todo. O noso instituto non queda á marxe desta celebración tradicional e o pasado venres 21 foi o día grande logo de tres semanas de preparativos. Pasalo ben e convivir ao longo dunha xornada atípica non era o único obxectivo. O propósito foi usar o Entroido como un pequeniño proxecto interdisciplinar impulsado dende as titorías do centro e coordinado dende a Biblioteca escolar.

O noso tema foi a macedonia... e non foi escollido de xeito casual. Quixemos usar esta ensalada de froitas como pretexto para falarmos da diversidade e da inclusión,

Distribuir contido


by Dr. Radut