Skip to Content

Olla para ela!, Actividades, Novas, Plan de igualdade, Elas, Ligazóns

11F, Día internacional da muller e a nena na ciencia

O Día internacional da muller e da nena na ciencia foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para a súa conmemoración o 11 de febreiro, co obxectivo de investir tempo e recursos na formación das nenas para corrixir a fenda de xénero nas profesións científico-tecnolóxicas, xa que tanto a ciencia coma a igualdade de xénero son fundamentais para un crecemento que responda ós Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible.

6F, Día mundial de tolerancia cero á mutilación xenital feminina

En 2012 a Asemblea Xeral da ONU designou o 6 de febreiro como o Día internacional de tolerancia cero á mutilación xenital feminina. Esta práctica supón unha negación da dignidade da muller, pon en perigo a súa saúde, causa dor e sufrimentos innecesarios e pode provocar a morte. Por iso, Nacións Unidas ten coma un dos Obxectivos para o desenvolvemento sustentable a erradicación plena da mutilación xenital feminina para o 2030.

Bótalle unha ollada!

· Buseranas: Organización de mulleres feministas da Costa da Morte.

· Aprende coas mulleres galegas: Proxecto da Secretaría Xeral de Igualdade para coñecer a vida de destacadas intelectuais galegas

· 21 científicas galegas que tes que coñecer: Artigo da revista dixital galega de divulgación científica GCiencia

 

Pisamos a violencia

Traendo cada un de nós un zapato negro para "Pisar a violencia", no Pedra da Aguia sumámonos á iniciativa do concello de Camariñas para conmemorar, no 25N, a loita contra a violencia de xénero.

Distribuir contido


by Dr. Radut