Skip to Content

Actividades, Novas, Ligazóns de interese, Repensa a túa despensa

En que colector van as luvas dun só uso?

Sabes en que colector depositar as luvas de látex ou nitrilo? O seu uso aumentou exponencialmente nestes días de crise sanitaria para reducir o risco de contaxio da Covid 19, pero gran parte delas estanse a depositar no colector incorrecto! Onde as botarías ti? Queres saber cal é o seu destino máis axeitado? Preme na imaxe para averigualo.

Microplásticos: resultados da enquisa

Para avaliar o nivel de coñecemento sobre os microplásticos que ten o alumnado do centro, dende a comisión ambiental pasámoslles un pequeno cuestionario. Velaquí os resultados da enquisa, sobre os que xa estamos traballando para, en breve, empezar a informar á comunidade educativa sobre a orixe dos microplásticos, que efectos teñen sobre o medioambiente e a saúde e que podemos facer para loitar contra este problema.

Corta polo san!, reduce residuos

Con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos, que vén de desenvolverse entre o 16 e o 24 de novembro, SOGAMA dános unha serie de consellos sobre os nosos hábitos diarios que, se os poñemos en práctica, permitirannos reducir dun xeito sinxelo os residuos que xeramos. Para botarlle unha ollada, preme aquí.

Máis información sobre a campaña de SOGAMA, nesta ligazón.

Entrega de premios Consumópolis 14

O pasado 14 de xuño Laura Sar, Noa Tedín, María García e Andrés Parga tiveron unha cita en Santiago de Compostela, na Escola Galega de Administración Pública, para recibir o 1º premio a nivel autonómico na categoría correspondente ao alumnado de 1º e 2º ESO, que lles foi outorgado no concurso Consumópolis 14: Pola túa seguridade, sabes o que consomes?

O equipo autodenominado "Canicas" fixo unha exposición de calidade, orixinal e chea da naturalidade que tanto caracteriza a esta rapazada. Avogaron polo consumo responsable defendendo a versatilidade do seu produto, a Reverseta, e fixeron fincapé tamén no impacto social e ambiental da prenda.

Sabes o que comes?

Hoxe, 28 de maio, con motivo da conmemoración do Día Nacional da Nutrición, que celebra a Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación e Dietética na súa XVIII edición, propoñémosvos resolver este pequeno test (publicado na páxina de antena 3 noticias) para comprobar canto sabedes sobre alimentación saudable.

Animádesvos?

Distribuir contido


by Dr. Radut