Skip to Content

Actividades

Don Juan Tenorio

Coincidindo con datas tan “amorosas” como a semana que se aveciña, semana de afectos e namoramentos, gozamos da representación adaptada de Don Juan Tenorio, de José Zorrilla.
Esta obra de teatro en verso recolle ao personaxe romántico, a encarnación do individuo rebelde non sometido a autoridade nin regra algunha. O mito aquí distínguese doutros no amor real que ao final sente cara a dona Inés e a salvación da alma pecadora de Don Juan grazas á intervención divina dese "anxo de amor”, que demostra que o amor verdadeiro pode facer cambiar a unha persoa.
No S.XXI teriamos que analizar se realmente debería ser tan doado redimirse de culpa co arrepentimento e o amor. Poden cambiar tanto as persoas?

Gañadoras do II certame literario de relatos curtos en castelán

A escritura é unha arte capaz de transportar ao lector a outra realidade, de facelo imaxinar as súas personaxes, de evocar olores, sensacións; en definitiva, de emocionarnos. Tamén é certo que non todos os escritores son capaces de logralo, mais neste certame temos que recoñecer que houbo participantes que nos fixeron sentir e que non nos deixaron indiferentes cos seus relatos, pero tivemos o difícil reto de seleccionar aos mellores, e así foi como a balanza se decantou por tres relatos fascinantes de tres narradoras: 

PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA A: Paula Vázquez Blanco (1º B)

PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA B: Érika Blanco Novegil e Marta Baña Cerdeiras (3º B)

De teatro por Compostela!

Un ano máis voltamos ao teatro, mais neste caso as alumnas e os alumnos de 3º e 4º de ESO do IESP Pedra da Aguia puxemos rumbo a Santiago para acudir á representación da obra do autor galego Valle-Inclán titulada Luces de Bohemia e ao posterior coloquio cos actores da mesma. E nin a chuvia nin o cansazo nos impediron gozar da adaptación desta obra dramática de principios do século XX que segue sendo tan actual e que invita a todos a realizar unha fonda reflexión social. Como di o autor: "En España podrá faltar el pan, pero el ingenio y el buen humor no se acaban". 

Un pracer gozar destas saídas en compañía de todos vós! 

II certame de relato curto en castelán

 

Un ano máis invitámosvos a escribir un relato curto en lingua castelá! Esta vez podedes escoller entre dúas imaxes para inspirarvos que atoparedes colgadas nos distintos paneis informativos do noso instituto.

Adxuntamos as bases do certame, mais as profesoras implicadas nesta actividade estamos á vosa disposición para solventar as vosas dúbidas.

IMAXINACIÓN AO PODER E MANS Á ESCRITURA!

 

 

No teatro, todo é posible!

Como xa vén sendo habitual no noso instituto, o Departamento de Lingua Castelá e Literatura xunto co seu alumnado gosta de gozar dunha boa representación teatral. Este ano 68 alumnos de 1º e 2º da ESO puideron ver en escena a adaptación da obra El Lazarillo de Tormes a cargo da compañía Eina d´Escola, na que dúas mulleres foron as encargadas de dramatizar papeis masculinos, así que quen dixo que non se pode? Aquí deixamos a testemuña gráfica do encontro entre os nosos teatreiros máis famosos do IESP Pedra da Aguia e as dúas actrices.

POR MOITAS MÁIS SAÍDAS TEATRAIS EN TAN BOA COMPAÑÍA!

Un bo ano para lembrar a Cervantes

O departamento de Lingua Castelá quixo Celebrar o San Martiño e, cun día asollado e caloroso, dirixímonos a Compostela nin máis nin menos que 80 alumnos e alumnas acompañados por cinco profesores/as. Para que esta escapada outonal?, para disfrutar da representación teatral de dous entremeses de Miguel de Cervantes.

Coa compañía Teatro do Repartidor atopámonos no s.XVII. Un curral de comedias. A compañía disponse a representar “O retablo das marabillas” e “A cova de Salamanca”, dous entremeses que reflicten a época, as súas circunstancias e curiosamente cun enorme parecido coa realidade actual.

A continuación, xa mortos de fame dirixímonos ao Centro Comercial “As Cancelas”, onde algunhas das súas tendas quedaron encantadas coa nosa visita.

Outro curso máis onde o teatro non pode faltar.

  
Distribuir contido


by Dr. Radut