Skip to Content

Novas

ACTIVIDADES L. CASTELÁ 1º E 2º ALERTA SANITARIA

LENGUA Y LITERATURA CASTELLANA 1º-2º

   Las instrucciones y actividades que habitualmente encontrábais en esta sección de "Novas" se han trasladado a la sección "Tarefas na casa" del Departamento de Lengua y Literatura Castellana, con la intención de facilitar la localización de las actividades de cada departamento y de cada curso.

 

Cualquier duda podéis consultarla en mi correo electrónico: silvialijo@edu.xunta.es

 

1º e 2º de ESO. Guía para preparar a proba de setembro

Aquí deixamos a guía cos contidos relativos a 1º e 2º da ESO para preparar a proba de setembro. 

4º ESO. Contidos a traballar para preparar o exame de setembro

No documento adxunto figuran os contidos que teñen que preparar aqueles alumnos que se van presentar ao exame de setembro. Como xa sabedes, haberá cuestións de carácter práctico e tamén teórico. 

3º ESO. Contidos a traballar para preparar o exame de setembro

Deixo un arquivo adxunto cos contidos xa comentados na clase para que preparedes o exame de setembro. Felices vacacións! 

3º premio no concurso ComunicaTedu

O pasado venres 25, os tres equipos que foron seleccionados no concurso ComunicaTedu, acompañados pola profesora que guiou a actividade, Silvia Lijó, desprazáronse á Cidade da Cultura de Compostela para participar no evento InquEDU 2018: Falemos de educación.

Durante a mañá, os dez equipos galegos preseleccionados tiveron que expoñer en público o seu discurso argumentativo co tema A alimentación como hábito de vida saudable e, tras presenciar as intervencións de todos centros, ao remate do evento coñeceron o fallo do xurado.

Parabéns aos novos narradores!

 Rematamos o mes de abril felicitando aos nosos gañadores do Concurso de relatos curtos organizado polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura. Así que parabéns aos nosos gañadores:

  • Categoría B, primeiro premio: Iago Xosé Brión Vecino.
  • Categoría A, accésit: Érika Blanco Novegil e Lara González López. 

 Mais non nos esquecemos de todos os participantes, aos cales lles agradecemos a súa participación e lles desexamos a maior das inspiracións literarias para as próximas convocatorias! 

La pluma es la lengua de la mente. Cervantes, El Quijote

Ver datos adxuntos

Distribuir contido


by Dr. Radut