Skip to Content

Igualdade

Igualdade

Obradoiro "O HOME QUE QUERES SER"

Ao longo deste mes de novembro, o alumnado de 3º da ESO participará nun proxecto de igualdade que se desenvolverá durante as horas de Educación Plástica e Visual. O obradoiro, dirixido por Talantea, ten como obxectivo final  a organización dunha campaña de sensibilización que xire en torno ao tema das novas masculinidades.

Pero, para poder chegar até aquí, previamente, realizarase unha contextualización do concepto de masculinidade, realizando un repaso pola súa evolución.

Logo o alumnado dividirase en grupos paritarios para a organización dunha viñeta. Neses deseños gráficos, deben representarse escenas nas que o papel de home se atope afastado do modelo tradicional de masculinidade hexemónica. Polo tanto, os protagonistas serán homes comprometidos coa corresponsabilidade, coa igualdade e co rexeitamento de calquera tipo de violencia cara ás mulleres.

Cando as viñetas estean rematadas, o xurado, formado por uns representates do Comando Igualdade e diversidade do noso IES, elixirán as 6 mellores.  Estas imprimiranse en diferentes soportes e distribuiranse entre o alumnado.

A saia non ten xénero

Este mércores, 4 de novembro, no IES Pazo da Mercé viñemos tod@s con saia para reivindicar a liberdade de vestir como nós queiramos, máis alá do que marquen os estereotipos de xénero.

O Comando Igualdade e diversidade propúxonos secundar esta iniciativa para apoiar a Mikel, un alumno vasco, que foi obrigado a saír da clase o día que decidiu ir con saia ao seu instituto.

Por iso, nas Neves queremos deixar claro que a roupa non ten xénero e ningunha persoa debe ser discriminada pola roupa que poña.

20N Día Internacional da memoria TRANS


O mércores 20 de novembro celebramos no IES o Día Internacional da memoria Trans dedicado a aquelas persoas que foron asasinadas ou vítimas de abuso físico ou psicolóxico só pola súa identidade.

Mural para "MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO"

O pasado 7 de outubro o alumnado de 3ºA, xunto co seu profesor de debuxo, participaron na elaboración dun mural relacionado co programa "Mulleres en acción. Violencia zero", a prol da igualdade de xénero e contra a discriminación machista. Como no ano anterior, o noso centro foi tido en conta para esta actividade organizada pola Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello das Neves. A coordinación e dirección técnica do mural estivo a cargo de Vanesa Álvarez, coñecida artista urbana.

Noraboa a alumnado e profesor!

Distribuir contido


by Dr. Radut