Skip to Content

O Comando Igualdade e Diversidade celebra o mes do Orgullo

Para celebrar o mes do Orgullo, o Comando igualdade e Diversidade realizou unha Guía da diversidade afectivo- sexual para lla entregar a todo o profesorado e persoal non lectivo do centro. Nela aparece terminoloxía lgbtiq, suxestións para as aulas, recursos, etc.  Tamén desenvolveron a campaña: Por uns baños inclusivos para demandar que se elimine a distinción binaria dentro dos aseos do IES. Por iso, encheron aos baños do instituto de cartalaría co interese de motivar unha reflexión sobre este asunto dentro do centro.

Avelaíñas trae o centro a importancia da saúde mental

A semana pasada visitounos a Asociación Avelaíñas Saúde Mental Condado - Paradanta para lles ofrecer unha charla aos e aos 2º da ESO sobre a importancia de coidar a saúde mental e non estigmatizar os enfermos mentais.

Celebración das Letras Galegas

O pasado xoves 20 de marzo celebramos o Día das Letras Galegas. Desde a Biblioteca organizouse un concurso de cartalería para homenaxear a Xela Arias e aproveitouse este acto para lles entregar os premios ás gañadoras. O alumnado de 1º da ESO, da man da súa profesora Carmen Artos, participou coa lectura da vida e obras da autora e expuxeron os seus traballos sobre diferentes poemas da obra de Xela.

O Comando Igualdade e Diversidade denuncia a taxa rosa

O Comando Igualdade e Diversidade do IES realizou unha intervención para denunciar o incremento de prezos dos produtos destinados ao público feminino (coñecido popularmente como taxa rosa) e o elevado IVE dos produtos de hixiene feminina. Para iso repartiron compresas e tampóns gratuitos entre as mozas do centro xunto cun díptico no que informaban do sentido da súa protesta. Tamén leron en público unha carta dirixida ao Ministro de Consumo (posteriormente enviada ao ministerio) na que denunciaban estes abusos que consideran discriminatorios.

Xela Arias: Intemperiadas

O pasado mércores 19 de maio o alumnado de 1º de BACH tivo a sorte de poder contar coa presenza da escritora Emma Pedreira e da ilustradora Laura Romero que realizaron un taller de poesía e collaxe a partir dos versos de Xela Arias. Nesta actividade, organizada polo Concello das Neves, escritora e ilustradora dialogan coa obra de Xela a partir das súas disciplinas artísticas. Así, mentres Emma recitaba versos propios e da autora homenaxeada nas Letras Galegas, establecendo unha conversa poética, Laura acompañaba o recital facendo un collaxe en directo.
Distribuir contido


by Dr. Radut