Skip to Content

Visita a Lugo

O luns 11 de marzo un bo grupo de alumnas e alumnos de 4º e de bacharelato asistiu á fermosa cidade de Lugo. Unha cidade que, anualmente, acolle varios días do Festival de Teatro Clásico, ao que acoden estudantes e profesores de toda Galicia. Grazas a esta actividade, organizada polo Departamento de Latín e Grego, puidemos saborear a representación dunha traxedia grega, a Electra de Eurípides, e unha comedia latina, Os xemelgos de Plauto, a cargo da afamada compañía teatral “O Reiseñor” da Coruña, composta por estudantes. Nada máis acaído que a cidade das murallas para contemplar e percibir a importancia que o legado do mundo grecolatino ten na nosa historia e no noso presente.

 



page | by Dr. Radut