Skip to Content

A exalumna do centro, Sara Vila Alonso, gaña o premio ILLA NOVA de narrativa

Desde o IES Pazo da Mercé queremos parabenizar á nosa exalumna, Sara Vila Alonso, por se facer co premio Illa Nova de narrativa pola súa obra Oito días sen Eva Cortés. A obra relata como a xornalista Antía Ubeira, reincorporada despois das súas vacacións, recibe o encargo de cubrir a desaparición dunha moza da súa cidade, Pontevedra. Esta historia levará á xornalista a realizar unha profunda reflexión sobre a súa propia vida.

Unha obra moi interesante que formará parte das nosas lecturas de verán.



page | by Dr. Radut