Skip to Content

Metateatro e revolución

O venres 4, o alumnado de 1º de bacharelato mantivo un faladoiro co dramaturgo Roi Vidal Ponte sobre a súa obra O asasino de Zinaida Reich, que foi merecedora dun dos seis premios que convoca O Ministerio de Educación Cultural e Deporte do Goberno de España no ano 2016.

O alumnado mantivo unha conversa distendida con el e soubo, de primeira man, como foi todo o proceso de elaboración da obra: dende que xurdiu a idea inicial e como foi construíndo, paso a paso, o texto (fase de documentación, selección de información, escrita e ordenación final das escenas). O escritor parouse tamén nos elementos clave necesarios para entender, ao detalle, o libro e incluso realizou un exercicio de biomecánica para que as mozas e mozos puidesen experimentar, de primeira man, a teoría do ruso Vsevolod Meierhold. 

Pulsa aquí, ou tamén na imaxe principal, para acceder ao contido do libro.

 



page | by Dr. Radut