Skip to Content

Curso 2014/2015

Contidos curso 2014/2015

Bases da rifa para a viaxe á Francia no curso 2014-2015

Velaquí as bases do sorteo da rifa de novembro-decembro de 2014 para financiar a viaxe a Francia:

 1- O premio é unha tablet Samsung Galaxy Tab 3 Lite de 7 pulgadas, valorada en 159 €.

2- O sorteo será público e terá lugar o luns 15 de decembro de 2014 na aula de Usos Múltiples do IES de Pastoriza durante o segundo recreo (12:20-12:40). Se o seu número non resulta premiado, NON TIRE AS RIFAS.

3- Debido ás vacacións de Nadal, quen posúa o boleto gañador poderá presentarse no IES de Pastoriza os días 15-19 de decembro de 2014 e 8-9 de xaneiro de 2015 para recoller o premio. En canto apareza o boleto premiado, publicarase na páxina web do centro.

4- En caso de non aparecer o boleto gañador, realizarase un novo sorteo o día 12 de xaneiro de 2015 no mesmo lugar e á mesma hora que o primeiro sorteo, repetíndose o proceso cada luns do mes de xaneiro ata que se persoe no centro alguén co número premiado no último sorteo.

5- En caso de que non se teña entregado o agasallo ao chegar o mes de febreiro, este premio considerarase deserto.

Distribuir contido


by Dr. Radut