Skip to Content

I.E.S Pastoriza

Benvidos ó centro.

Reapertura do prazo de admisión de alumnado

No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado. Para a realización e seguimento deste acordo a dirección do centro informa do seguinte:

  • O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 9 a 14h na secretaría do colexio.
  • A presentación pode ser telemáticamente a traves da web admisionalumnado
  • Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo 

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO INSTITUTO.

  1. Na medida do posible, unha única persoa para realizar a xestión en secretaría.
  2. Seguir indicacións na entrada, e manter distancia de seguridade con outras persoas que se atopen no recinto.

 NOTA IMPORTANTE: O instituto abre o luns 11, exclusivamente e co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites e necesario concertar unha cita previa  por medio do teléfono do centro 981647517 ou a traves do mail do centro ies.pastoriza@iesdepastoriza.edu.es

Coñecendo un ANACO da CORUÑA

O venres 29 de novembro os alumnos de 4º de ESO, acompañados por profesoras do departamento de Galego e do departamento de Castelá, visitaron:

- O Arquivo do reino de Galicia, onde descubriron como se almacenan os documentos onde se conserva a nosa historia e como se restauran.

- O Xardín de San Carlos.

A casa museo de Emilia Pardo Bazán, ilustre escritora coruñesa do século XIX que destacou, ademais de pola súa creación literaria, pola súa defensa da muller.

- E a sede da RAG na Coruña.

Foi un día diferente, intenso e divertido.

Achegamos álbum fotográfico do evento

Circular informativa de principio de curso 2019-2020

Achegase no enlace a circular informativa de principio de curso coa información de interese para as familias.

Calendario do curso 2019-20

Información sobre a aplicación TokApp para a comunicación entre o centro e as familias:

Distribuir contido


by Dr. Radut