Skip to Content

conXÉLAte: concurso de lecturas compartidas

Como xa sabedes, o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica a Xela Arias. E con motivo desta conmemoración, o Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Normalización Lingüística organizan o concurso de lecturas compartidas "conXÉLAte", no que animamos a participar a toda a comunidade educativa.

Existen dúas modalidades de participación: unha dirixida ao alumnado e ás súas familias; e outra específica, para o persoal docente e non docente, na que vos convidamos a participar. 

Para facelo, só teriades que enviarnos antes do 21 de maio un pequeno vídeo cunha lectura compartida (cos vosos pais, irmás, fillos, avoas, curmáns etc.) de textos da autora homenaxeada ao seguinte enderezo electrónico: equipo.normalizacion@iesdepastoriza.edu.es

Trátase dunha actividade voluntaria, mais haberá recompensa para as persoas gañadoras de cada modalidade. 

Xuntamos o cartaz da actividade

Un saúdo e grazas de antemán polo voso tempo! 

 

O Equipo de Normalización Lingüística.

Procedemento de admisión e matrícula para o curso 2021-22

Segundo o procedemento establecido na Orde do 18 decembro 2020, as listaxes provisionais das persoas admitidas para o curso próximo foron publicadas, sendo a información accesible:

  • Presencialmente: únicamente no taboleiro de anuncios no interior do edificio escolar.
  • Telemáticamente: únicamente a través da aplicación admisionalumnado  empregando certificado ou Chave365

Días non lectivos

Os días no lectivos para curso 2020/21 son:
- 3 de maio de 2021
- 14 de maio de 2021

Exames pendentes maio 2021

EXAMES DE PENDENTES 2020-21

( Do 24 maio ao 28 maio 2021 )

 

DEPARTAMENTO

MATERIA

DATA/HORA

LUGAR

C.Naturais

Bioloxía e Xeoloxía

Mar 25 11:45 a 12:35

Desd 3

Ciencias Sociais

Ciencias Sociais 1º, 2º e 3º

Lun 24 10:20 a 11:10

Desd 3

Educación Física

Non hai exame

   

Física e Química

Física e Química 2º e 3º

Ven 28 10:20 a 11:10

Desd 1/ Desd 2

Francés

Francés 1º, 2º e 3º

Lun 24 12:35 a 13:25

Desd 3

Inglés

Ingles 1º, 2º e 3º

Ven 28 11:45 a 12:35

Desd 3

Lingua castelá e literatura

Lingua e Literatura 1º, 2º, 3º Oratoria 1º,2º

Xov 27 11:45 a 12:35

Desd 2/ Desd 3

Lingua galega e literatura

Lingua e Literatura 1º, 2º, 3º

Mar 25  9:30 a 10:20

Desd 2

Matemáticas

Matemáticas 1º, 2º e 3º

Mer 26 11:45 a 12:35

Desd 2/ Desd 3

Música

Música 2º, 3º

Xov 27  10:20 a 11:10

Desd 3

Plástica

Non hai exame 

   

Relixión

Non hai exame

   

Tecnoloxía

Tecnoloxía 2º e 3º

Mer 26  9:30 a 10:20

Desd 3



  Luns 24 Martes 25 Mércores 26 xoves 27 Venres 28

8:40

         

9:30

 

L.Gal

Tec

   

10:20

XH

   

Mus

FQ

11:10

         

11:45

 

C.Nat.

Mat

L. Cast.

ING.

12:35

Franc

       

13:25

         



O alumnado de PMAR será avaliado polo profesorado dos ámbitos nas materias LG/LC/CCSS/MT/CN.

CONMEMORACIÓN 8M

Queremos dar os nosos parabéns a Ángeles e Judith polo premio recibido no concurso organizado polo CIM de Arteixo.  

Gañadoras do concurso de Tik Tok

Deixamos aquí a ligazón para que podades ver os vídeos premiados. Moi bo traballo! 

 

Vídeo Judith

Vídeo Ángeles

Procedemento de admisión e matrícula para o curso 2021-22

Do 1 ao 22 de marzo estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o curso 2021-22

Este prazo é para o alumnado que se incorpora ao centro dende calquera outro centro educativo non adscrito. O alumnado matriculado neste curso e o procedente dos centros adscritos xa ten a praza reservada para o curso seguinte. 

No caso de presentar solicitude de admisión é importante ter en conta:

  1. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  2. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  3. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Para presentar a solicitude, seguir as instrucións da aplicación admisionalumnado

As vacantes para cada un dos cursos están publicadas na aplicación admisionalumnado e no taboleiro do centro.

O calendario para o proceso é o seguinte:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Só no caso de que o número de solicitudes sexa superior ás vacantes existentes no nivel solicitado.
  • Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas antes do 25 de abril.
  • Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
  • Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
  • Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

Normativa e instrucións específicas do procedemento publicadas pola Consellería.

Información relativa a 1ª avaliación

 

  1. Entrega de Boletíns LUNS 21 o longo da xornada
  2. Publicación de notas Luns 21 as 15:00, se poden consultar as notas a través de Abalar Móbil
  3. Remate de clases martes 22 de decembro
  4. Venres 25 pola tarde envío de boletíns por mail pola tarde
  5. Venres 8 de Xaneiro de 2021 volta as clases.

Exames pendentes xaneiro 2020

A semana do 25 ao 29 de xaneiro  se realizara a primeira parte dos exames de pendentes cos horarios que se adxunta a continuación

DEPARTAMENTO

MATERIA

DATA/HORA

LUGAR

C.Naturais

Bioloxía e Xeoloxía

Mar 26 12:35 a 13:25

Desd 3

Ciencias Sociais

Ciencias Sociais 1º, 2º e 3º

Lun 25 10:20 a 11:10

Desd 3

Educación Física

Non hai exame

   

Física e Química

Física e Química 2º e 3º

Ven 29 10:20 a 11:10

Desd 1/ Desd 2

Francés

Francés 1º, 2º e 3º

Lun 25 12:35 a 13:25

Desd 3

Inglés

Non hai exame 

   

Lingua castelá e literatura

Lingua e Literatura 1º, 2º, 3º

Xov 28 11:45 a 12:35

Desd 2/ Desd 3

Lingua galega e literatura

Lingua e Literatura 1º, 2º, 3º

Mar 26  9:30 a 10:20

Desd 2

Matemáticas

Matemáticas 1º, 2º e 3º

Mer 27 11:45 a 12:35

Desd 2/ Desd 3

Música

Música 2º, 3º

Xov 28  10:20 a 11:10

Desd 3

Plástica

Non hai exame 

   

Relixión

Non hai exame

   

Tecnoloxía

Tecnoloxía 2º e 3º

Mer 27  9:30 a 10:20

Desd 3

Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado

Instrucións recibidas o 16/nov respecto dos criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.

O prazo de solicitude é de 10 días hábiles, dende o 16 ata o 27 de novembro.

Horarios para os supostos de ensino a distancia perante peches de aulas ou centro pola COVID-19

Diante da posibilidade do peche de aulas ou do centro pola pandemia do COVID-19, publicamos os horarios que se seguiran no ensino a distancia, sexa de aulas concretas ou de todo o centro. O principio básico de organización é  manter os horarios actuais de cada clase, os primeiros 30 minutos seran para sesións telemáticas co profesor e os outros 20 minutos para traballo individual de cada alumno/a. Respetase asi o mínimo do 60% de carga léctiva de cada materia.

Os horarios dos grupos seran os seguintes

1ºA 2ºA 3ºA 4ºA
1ºB 2ºB 3ºB 4ºB
1ºC 2ºC 3ºC 4ºC
1ºD 2ºD 3ºD  
1ºE 2ºE    
1ºF 2ºF    

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut