Skip to Content

Folga de transporte 20 e 21 de xuño - Servicios Mínimos

Esta misma tarde recibimos aviso por parte da Consellería de que a folga de transporte do 20 e 21 de xuño deixa fora dos servicios mínimos as rutas de menos de 4km de percorrido, polo que veránse afectadas as liñas 7, 8 e 9 da empresa Autos Fernández, para as que NON HABERÁ servicio de transporte. 

O resto das liñas de transporte funcionarán con normalidade. 

Día da Ciencia na Rúa

O sábado 6 de maio, participamos na celebración do Día da Ciencia na Rúa. Achegamos para compartir con vós unha foto de grupo e un vídeo que grabamos no evento.

III Competición de Robótica na EEI de Vigo - 3º Premio

O venres 28 de abril participaron 8 equipos na III Competición de Robótica da EEI de Vigo, acadando un 3º premio nunha das categorías (3º e 4º da ESO). Parabéns para todos os participantes, e agradecemento ao patrocinador da proba: Obra Social de Caixabank.

Achegamos un video do evento.

Convocatoria do Concello de Arteixo para Axudas ao Estudo

O Concello de Arteixo convoca axudas ao estudo para comedor e adquisición de material didáctico (inclúe os libros). O prazo para a solicitude vai dende o 18 de abril ao 18 de maio. Toda a información respecto da convocatoria a tendes neste enlace da web do Concello.

Distribuir contido


by Dr. Radut