Skip to Content

Clasificación para a fase final da Olimpíada Matemática Galega

O pasado xoves 29 de abril celebrouse na Facultade de Ciencias da Educación da UDC a XIX Olimpíada Matemática Galega. Esta proba, na que se convida a participar ao alumnado de 2º de ESO de Galicia, consiste na resolución de cinco problemas matemáticos en dúas horas. Foron catro os participantes do IES de Pastoriza seleccionados para acudir nesta edición. 

Un dos nosos alumnos conseguiu pasar á final galega, que se celebrará o vindeiro xoves 20 de maio no Círculo das Artes en Lugo e na que competirá con outros 24 finalistas. Se consigue quedar entre os tres mellores, poderá participar na final española. Desexámoslle moita sorte!



page | by Dr. Radut