Skip to Content

Visita da escritora Erica Esmorís

O  xoves 19 de decembro de 2019 na sala de Usos Múltiples o alumnado de 1º da ESO do IES de Pastoriza tivo a sorte de asistir á primeira presentación do libro Quen salva un can do escritora Érica Esmorís.

O alumnado non só participou como espectador mais tamén lle realizou á autora unha serie de preguntas que elaborou tras a lectura do libro mostrando un grande interese polas incógnitas da novela. Finalmente a autora fixo unha sinatura de libros para todas as persoas interesadas.

Grazas Érica polo teu bo facer!  

Achegamos unhas fotos do evento.



page | by Dr. Radut