Skip to Content

Proceso de admisión a ciclos formativos 2017/2018

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN no procedemento farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Educación, que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/ciclosadmisión

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

Para consultar os códigos do centro e do ciclo, consultar a OFERTA DE FP.

OS PRAZOS DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE SON OS SEGUINTES: 

- ORDINARIO (xuño): Do 26 de xuño ao 4 de xullo.

- EXTRAORDINARIO (setembro): Do 1 ao 8 de setembro.

 

 

Para consultar as listaxes de admitidos consultar o seguinte enlace nos prazos sinalados. AQUÍ.

As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizadas en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente.

CLASIFICACIÓN DAS FAMILIAS PROFESIONAIS E CICLOS. Pinchar no texto.

Folletos informativos de FP

Modalidades preferentes de Bacharelato e materias vinculadas para o acceso a ciclos formativos de grao superior 

 

AdxuntoTamaño
Clasificación de Familias Profesionais e ciclos.pdf76.58 KB


page | by Dr. Radut