Skip to Content

PLAN PROA (Plan de reforzo, orientación e apoio)

 

Os centros educativos, para lograr a equidade e a excelencia na educación, deben desenvolver as capacidades de todo o alumnado conforme as súas posibilidades e circunstancias e, para iso, teñen que organizarse de xeito diferenciado, planificando os seus recursos e desenvolvendo as actuacións necesarias para o logro duns obxectivos concretos nun período de tempo determinado.

Baixo un marco único, preténdese dar cabida a todos aqueles programas que se están a desenvolver nos centros educativos -PROA, Éxito escolar, entre outros- co obxectivo de lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver ao máximo posible as súas capacidades, buscar a excelencia e, en definitiva, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.

Como en anos anteriores o PROA está destinado a alumnos de 1º, 2º e este curso tamén a 3º ESO. Cada grupo estará formado por un total de 15 alumnos/as. 

HORARIO:

1º ESO----------------- Martes e Xoves --------- de 16.30 a 18.30 horas

2º ESO----------------- Mércores e Venres------ de 16.30 a 18.30 horas

3º ESO----------------- Martes e Mércores ------ de 16.30 a 18.30 horas

Haberá servicio de bus tanto á entrada como á saída e os alumnos/as serán recollidos na súa parada habitual.



page | by Dr. Radut