8 de marzo: Día internacional da muller

Para festexar o Día Internacional da Muller, o nosos alumnado elaborou Unha serie de posters de mulleres esquecidas ao longo da Historia que xa decoran os corredores do IES. Premendo na imaxe podedes facer un recorrido por estes posters.

Sen cancelas. Memorias do arco da vella en Galicia

Estes días temos no Centro a exposición itinerante  Sen cancelas. Memorias do arco da vella en Galicia, proxecto expositivo que poñen en marcha o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Premendo aquí podedes descargar o Dossier da exposición.

Conmemoración do día de Rosalía 2023

O 23 de febreiro de 1837 naceu en Santiago de Compostela Rosalía de Castro. Dende o IES de Oroso queremos conmemorar esta data  co agasallo dunha planta literaria que nos recorde a súa figura.

Entroido 2023 no IES de Oroso

O pasado venres 17 de Febreiro celebrouse no IES a festa de Entroido, coa participación activa de todo o alumnado e profesorado.

A xornada  comezaba co alumnado de 4º vendendo produtos típicos do entroido para poder conseguir financiamento para a excursión de fin de curso, e seguía coa celebración do partido entre o profesorado e as aulas de 1ºC e 4ºB que fora aprazado en Nadal. No concurso por clases, cada grupo debía de sorprender coa súa maxia e o xurado quedou namorado do grupo de 1ºB que, acompañados do profe Roberto e baixo o ritmo do Gagnam Style, alzouse coa victoria.

Aquí vos deixamos unhas imaxes do que foi a volta da maxia do entroido ao noso IES, o cal xa levaba uns días engalanado grazas á exposición dos entroidos tradicionais de Galicia elaborado polo alumnado de 3º ESO baixo a dirección de Gemma (profe de LGeL) e de Roi (profe de EPVA). Premede na imaxe para acceder a elas.

Exposición entroidos tradicionais

 

 

 

 

 

Entrevista a Isabel Canabal

Hoxe achegouse ata o IES Isabel Canabal, veciña de Oroso, para contarnos como era a vida na antiga estación ferroviaria de Vilacide.

Na conversa que mantivo con Marco e Marta puidemos coñecer un pouco máis sobre a importancia do ferrocarril no Concello, sobre o traballo feminino en pleno franquismo ou sobre o estraperlo, entre outras moitas cousas.

A conversa enmárcase dentro do Plan Proxecta que estamos levando a cabo desde o Centro sobre a historia da via verde recentemente inaugurada entre Oroso e Cerceda. 

 

   

Admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2023-24

O día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Calendario de exames de recuperación de materias pendentes de cursos anteriores (Convocatoria 2023).

Publícase o calendario de exames de recuperación de materias pendentes de cursos anteriores para os días 30 e 31 de xaneiro a partir das 16.30 horas. Pódese consultar no ficheiro que se xunta ou premendo aquí.

Saída ao teatro

Este luns 21 de novembro, o alumnado de 2º ESO, acompañados das profes Carla, Marta, María e Kike, desprazáronse ata o Colexio La Salle en Compostela, para asistir á representación da obra de teatro 'El asesinato del profe de matemáticas', baseada no libro do mesmo título que puideron ler o curso pasado. Logo da representación, o alumnado pudo charlar co elenco de actores e actrices onde se interesaron polo seu traballo, as súas inquietudes, os seus proxectos de vida e a labor que desenvolven a través do teatro e as representacións para nenos e nenas.

Que gusto poder desfrutar de novo deste tipo de actividades!!

Blog de diversidade

Premendo na imaxe podedes acceder ó Blog de diversidade do IES de Oroso

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet