Skip to Content

Iniciación á Petanca

Durante toda a pasada semana tivemos a oportunidade de coñecer o deporte da Petanca grazas a colaboración do profesor ARCO do centro (David Fernández Pérez) e os profesores implicados do departamento de Educación Física (Bruno, Eduardo, J. Antonio Gayoso e Roberto). Nesta actividade participaron máis de 250 alumnos entre todos os grupos de 1º de ESO (A, B, C, D e E), 4º de ESO (A, B, C, D, E e F) e os dous cursos do Ciclo. 

  


Asemesmo, na iniciación ao deporte tivemos unhas breves nocións teóricas, un circuito de arrime e de saque como tamén un partido oficial e reglamentario a 13 puntos. Nesta última actividade gañaron con máis diferenza de puntos as alumnas: 

- Na modalidade de 1º de ESO: Emma, Sara e Irene (1ºC)
- Na modalidade de 4º de ESO: Paula, Sofía e Niobe (4ºA)

¡Noraboa a todas elas! e recordade que o vindeiro venres no recreo recibiredes un agasallo na Biblioteca por parte do coordinador da actividade. Tamén o Centro quería agradecer a presenza de Juan e de Ben, dous xogadores federados de Petanca afincados en Negreira de procedencia francesa que falaron cos rapaces nunha charla íntegramente en francés o pasado 24 de maio. Do mesmo xeito, David quere agradecer a participación e o interese de todo o persoal implicado (equipo directivo, profesorado, alumnado e persoal non docente) pola boa acollida da actividade e que se repita en anos vindeiros ¡Oxalá que así sexa!. 

Por último, podedes ver unha reportaxe que nos fixo a Fundación TIC da actividade: www.youtube.com/watch?v=GYD4klAKzfs

 

 

AdxuntoTamaño
FolletoPetanca.pdf412.18 KB
Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut