Skip to Content

3º trimestre

Entrega de Diplomas do Bacharelato de Excelencia STEMBach

O venres, día 9 de xuño, a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC en Santiago, acolleu o acto de entrega de Diplomas do Bacharelato de Excelencia STEMBach 2023, un evento no que estivo presente o noso alumnado.

O programa STEMbach é un proxecto impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, en colaboración coas universidades galegas, que ten como obxectivo fomentar o ensino das chamadas disciplinas  STEM (ciencias, tecnoloxía e matemáticas) entre os estudantes de bacharelato, involucrándoos para iso en proxectos de investigación tutelados por profesores universitarios.

Viaxe a Valencia do Club de Ciencia

Alumnado do Club de Ciencia do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes viaxou a Valencia.

Cidade das Artes e das Ciencias

Ágora

Visitando o Bioparc

Graduación 2023. 2º Bacharelato.

O  alumnado de 2º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes celebrou o acto de graduación o venres 26 de maio.

O acto contou co discurso de profesores, alumnos e actuacións musicais para terminar ca actuación do grupo de música e baile tradicional do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes.

Desexámoslles o mellor na nova etapa que agora inician. Moita sorte!!

 

Mobilidade a Druskininkai, Lituania

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes viaxou a Druskininkai, Lituania.

Ali van a desenvolver actividades relacionadas co Camiño de Santiago desde o punto de vista da saúde física e mental, da sustentabilidade, do patrimonio cultural e do emprendemento.

 

Entrega do primeiro premio Tour do talento

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes co proxecto ‘Lugo, ciudad milenariamente joven’, desarrollado polas alumnas Alejandra Garcia Díaz, Laura Iglesias Primo e Pilar Wegmüller Ónega, gañou o primeiro premio Tour do talento. 

A Ministra de Educación Pilar Alegría e a Alcaldesa de Lugo Lara Méndez fixeron entrega do diploma acreditativo e o premio correspondiente. A ministra felicitou aos participantes e destacou a contribución desta iniciativa para xenerar unha gran cantidade de aprendizaxes

Pilar Wegmuller, Alejandra García e Laura Iglesia. Parabéns!

Exposición do proxecto gañador: Lugo, ciudad milenariamente joven.

Acto de entrega de matrículas de honra bacharelato

Hoxe, 23 de maio, no Salón de Actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes celebrouse o acto de entrega de diplomas acreditativos da matrícula de honra aos mellores expedientes no Bacharelato 2023

Noraboa a David, Gabriel, Óscar, Paula, Sofía e Sabela.

 

Concurso de relatos curtos de CocaCola

Sofía Piñeiro Díaz, alumna de 2° ESO B do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes, gañadora provincial e autonómica do Concurso de relatos curtos de CocaCola. 

Parabéns!!

Participantes no concurso de 2º ESO

A Fundación Coca-Cola convocou o "Concurso Coca-Cola Jóvenes Talentos de Relato Corto" co obxectivo de fomentar a escritura creativa entre os alumnos de 2º de ESO.

Visita ao Museo

Alumnado de 1º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes sairon de visita aos Museos da cidade.

No Museo visitaron a exposición dos Reloxos de Sol coa idea de que o alumnado cree o seu propio reloxo de sol.

Foron a Casa dos Mosaicos para así coñecer a historia da cidade.

Tamén visitaron a Exposición de Porta Miñá

Foliada das Letras Galegas

Hoxe celebramos a Foliada das Letras Galegas co Grupo de baile e música tradicional do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes.

Esta actividade estivo organizada polo EDLG do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes.

Paisaxes de Lugo

O alumnado de 3º de ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes realizaou un paseo guiado por Manuel, compañeiro e responsable desta investigación, polo Lugo Modernista de Eloi Maquieira.

A actividade enmárcase dentro do Programa Proa, Paisaxe e sostibilidade. 

Rematamos coa solicitude ó Concello de poñer Placas recordatorios nos edificios máis emblemáticos e crear a Ruta do Modernismo

Distribuir contido


by Dr. Radut