Skip to Content

2º trimestre

Internacionaliza a túa escola

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou na xornada "Internacionaliza a túa escola", organizada polo Cafi Galicia.

Mencía e Pedro (primeiro de bacharelato) falaron das súas experiencias como participantes en mobilidades de longa duración para unha audiencia de preto de 300 docentes de toda Galicia.

Roberto falou dos aspectos máis importantes da coordinación deste tipo de actividades. Seguimos a participar activamente na rede de organizacións Erasmus, un dos principios básicos das normas de calidade do programa.

Erasmus + Noruega 2024

4º día: Derraderia xornada en Noruega para o noso equipo Erasmus+. Pola mañá, visitas ao Museo Nacional e Museo Munch, neste último para ver a exposición conxunta d Munch e Goya. Pola tarde, turno para as exposicións orais, cea e sesión de karaoke.

3º día: O noso equipo Erasmus+ hoxe na estación de Hafjell, a uns 200 kms ao norte de Oslo, practicando o deporte nacional de Noruega.

2º Día. Hoxe foron a Oslo pola mañá para facer una búsqueda do tesouro polos lugares máis emblemáticos da capital de Noruega.

1º Día. Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes viaxou onte a Lillestrøm (Noruega) e hoxe xa comezaron a traballar.

Empezaron cunhas presentacións sobre unha serie de temas relacionados co patrimonio cultural.

 

XI Concurso Lucus Intercentros

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou no XI Concurso Lucus Intercentros acadando o terceiro posto. Trátase dun concurso de preguntas e respostas dirixido ao alumnado de 1º curso de bacharelato.

Parabéns a Mencía, Laura e Alicia polo seu bo facer.

Saída ao Urban Planet

O día 15 de marzo o alumnado de 4ºESO  saiu acompañado dos seus profesores: Daniel Rouco, Tania Fernández, Lucía Teijeiro, Natalia Castro, María Aguiar e Noemí Fernández ao Urban Planet de Oleiros (A Coruña).

Alí probaron e perfeccionaron: airbag, barredera, climb wall, dodge ball, foam pit, free jump, kids jump, ninja planet, pro jam, slam basket, street jump…

 

 

 

Actividades co Lycée Joseph Saverne de L´Isle Jourdain, Toulouse

No día de hoxe alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes acompañou ao alumnado do Lycée Joseph Saverne de L´Isle Jourdain, Toulouse, nunha visita a Coruña. 

Alí visitaron a Torre de Hércules, o Museo de Belas Artes e percorreron a cidade.

No día de onte fixeron unha visita a Santiago.

En Santiago visitaron o Parlamento de Galicia, percorreron o casco histórico e coñeceron o final do camiño. 

Mobilidade en Noruega.

O noso alumnado de 1º de Bacharelato desprazado a Noruega tivo no seu terceiro día de estancia no país a oportunidade de desfrutar dun día de esquí na estación de Hafjell, sede dos Xogos Olímpicos de inverno de 1994.

 

Segundo día.

No seu segundo día de estadía en Noruega, o noso grupo de primeiro de Bac tuvo a oportunidadde de aprender sobre a historia e o patrimonio cultural deste país visitando o Concello de Oslo, o museo interactivo  "The Viking Planet" e o Museo Nacional de Noruega.

 

Intercambio Erasmus Italia

Alumnado e profesorado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes desprazouse a Potenza, Italia.

Dentro do programa Erasmus, alumnado de 1º de Bachillerato participou nun intercambio de longa duración, do 9 de febreiro ao 9 de abril.

 

Nesta semana viaxaron tamén a Potenza, alumnado que neste caso participa nunha mobilidade de corta duración (Unha semana)

Xa en Italia visitaron Matera, Metaponto

Matera. Cidade patrimonio da UNESCO, onde se rodou A paixón de Cristo

Metaponto. Antigua colonia grega onde viviu e morreu Pitágoras.

 Para ver mais fotos podes seguirnos en Instagram @iesollosgrandes.erasmus

 

 

Despedida Lituanos

Alumnado e profesorado do Grupo de mobilidade estudiantil de Druskininkai “Ryto” Gymnasium, Lithuania foron despedidos hoxe no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

No acto de despedida participou o grupo de  música tradicional do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes...

... acompañados polo grupo de baile tradicional.

 Para rematar o acto fíxose entrega dun diploma acreditativo do seu paso polo noso centro.

Friends forever!

 

Viaxe á Mariña

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes acompañaron ao Grupo de mobilidade estudiantil de Druskininkai "Ryto" Gymnasium de Lithuania a un percorrido pola Mariña Lucense.

  

 

Recepción de Lituanos. Benvidos. Sveiki

Alumnado e profesorado que forman o Grupo de mobilidade estudiantil de Druskininkai “Ryto” Gymnasium, Lithuania visitáronmos hoxe no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Foron recibidos coa realización de actividades para coñecernos e un taller de elaboración de flores de papel.

      

 

Benvidos. Sveiki 

Distribuir contido


by Dr. Radut