Xuntanza co alumando de 1º e 2º ESO que participa no club de lectura "Lendo en igualdade" para compartir impresións sobre lectura do libro de Emma Pedreira Os corpos invisibles.
Esta semana temos dúas xuntanzas dos clubs de lectura. Comezamos hoxe luns co club do alumnado de 3º ESO, 4º ESO e Bacharelato e dedicaremos a sesión a falar de Os días felices de Benvido Seixas de Eduard Velasco.
Continuamos coas reunións das direrentes seccións do club de lectura. Este martes, 5 de febreiro, foi a vez do alumnado de 1º da ESO que leu o libro A chave das noces.
Hoxe retomamos as sesións do Club 5.0 co libro A través do fume do noso compañeiro Antonio Piñeiro. Esta novela foi galardoada co Premio Torrente Ballester 2017.
Este luns, 15 de maio, como inicio da Semana das Letras recibimos no Club de lectura a visita do escritor Antón Riveiro Coello. Será no Parladoiro ás 17.40h.