Plantasías
Nos seus primeiros meses no instituto, o alumnado de 1º ESO participou no proxecto de etnobotánica Plantasías dirixido por Cora Peña. Durante unha mañá na que Cora veu ao centro, o alumnado aprendeu unhas nocións básicas de como facer entrevistas e como gravar pequenos vídeos co móbil. Nas semanas seguintes organizáronse en grupos e comezaron as pesquisas... Quen da nosa contorna pode saber de árbores galegas? Que lles podemos preguntar? Onde o facemos? Como repartimos as tarefas?
3, 2, 1... acción! Os vídeos coas entrevistas foron chegando e Cora montou estas bonitas e interesantes pezas audiovisuais. Agardamos que as gocedes!
1º ESO A:
1º ESO B:
1º ESO C:
1º ESO D: