Skip to Content

Bibliotecas Escolares

TAREFAS ALUMNADO DE FRAN CABAÑAS

O meu enderezo electrónico para comunicacións co alumnado é fecdiaz@gmail.com
As miñas recomendacións para os rapaces e rapazas de 2º de Bach, tanto ordinario como nocturno, son que estes días preparen os temas 9 e 10 de literatura e o 5  de sociolingüística. Teñen material para facelo. Tamén estaría ben facer PAU de anos anteriores que están colgadas na páxina da CIUG e realizar exercicios de gramática (sobre todo en relación coa sintaxe e os verbos) no seguinte enlace https://ogalego.eu
Os nenos e nenas de agrupamento de 2º de ESO, tal e como están as cousas, coido que sería suficiente con que seguisen as novas de actualidade na prensa dixital (para facelo en galego poden consultar Nós Diario, Galicia Confidencial ou Praza Pública, por exemplo), facendo, como mínimo unha hora de lectura, e que sigan traballando na páxina web de mapas interactivos que xa coñecen e no enlace de Lenguactiva que xa lles é familiar.



fse+21-27

Plambe

Agueiro

Espazo Abalar

story | by Dr. Radut