Día Internacional da Lingua Materna
No IES N1 de Ribeira estamos moi orgullos@s da diversidade do alumnado do noso centro. Por iso, desde o EDLG, aproveitamos a celebración do Día Internacional da Lingua Materna para darlle visibilidade ás linguas que falan algúns dos nosos alumnos e alumnas.