Secretaría

ORGANIZACIÓN FIN DE CURSO E MATRÍCULA 2012-13

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL. CURSO 2012-13

Como rexistrarse en EDMODO - alumnado -

Calendario dos Exames Extraordinarios de Maio, 2012

ENTRE OS DÍAS 7 E 11 DE MAIO REALIZARANSE AS PROBAS EXTRAORDINARIAS PARA O ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES.

SERÁN DENTRO DO HORARIO LECTIVO. O ALUMNADO QUE TEÑA QUE FACER AS PROBAS SAIRÁ DA CLASE “NORMAL” PARA FACER OS EXAMES.

 

Axudas para actividades en linguas extranxeiras, 2012

Probas de acceso a ciclos de Grao Medio. Curso 2011-12


  • REQUISITOS: Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba (é dicir, ata decembro de 2012).

  • DATAS  DE INSCRICIÓN: Do 27 de febreiro ao 9 de marzo, inclusive. Nas secretarías dos centros que impartan ciclos formativos (IES Antón Losada). 

  • DATA CELEBRACIÓN DA PROBA: 25 maio.  

  • INFORMACIÓN DE INTERESE: O alumnado ten a disposición na conserxería do centro (para poder facer fotocopias) modelos de exames doutros anos e de contidos esixidos nas diferentes partes da proba. Os interesados/as poden pasar pola secretaría do centro a cubrir a solicitude de inscrición. O alumnado do PCPI terá de prazo ata o 5 de marzo,  o día 6 acudirase ao IES Antón Losada para presentala. O alumnado da ESO terá de prazo ata o 7 de marzo, o día 8 acudirase ao IES Antón Losada para presentala. 

  • MÁIS INFORMACIÓN: Ver calendario no taboleiro da clase. Consultar a páxina http://www.edu.xunta.es/fp/probas. Acudir ao departamento de orientación do centro.  

Impresión de material informático privado na Conserxería do Centro

 

O alumnado xa pode imprimir na fotocopiadora da conserxería do Centro os seus propios materiais en soporte informático. Podendo presentalo en lapis de memoria, cd, dvd ou ben envialos por mail á conta de correo:

n1conserxeria@gmail.com 

Os traballos que se envíen por medio de correo electrónico UNICAMENTE se imprimirán en presencia do alumnado que o remiteu, para evitar o envío de material que logo non se recolle.

A impresión se cobrará ao prezo dunha fotocopia convencional.

Exames de Febreiro, 2012 - Calendario

Os días 7, 8, 9 de febreiro realizaranse as probas de recuperación de materias pendentes.

Están convocadas, con caracter voluntario, como unha medida de axuda ao alumnado polo que serán realizadas fóra do horario lectivo o alumnado NON DISPORÁ DE TRANSPORTE ESCOLAR

Lei de Convivencia e Participación dá Comunidade Educativa

Galicia é a primeira comunidade que regula o acoso escolar entre alumnos, mediante a Lei de Convivencia e Participación dá Comunidade Educativa, na que tamén se converte ao profesor en autoridade pública, como fixeron xa comunidades como a madrileña.

Como acoso escolar defínese no texto calquera forma de vexación verbal, física, psicolóxica e ata o illamento ou baleiro social que un alumno ou un grupo fan a outro, sexa cal for o lugar no que se produza. Tamén se inclúen as condutas a través de medios electrónicos ou telemáticos, como Internet, móbiles ou redes sociais.

O acoso escolar será falta grave de convivencia e os estudantes implicados poderán ser sancionados con medidas que van desde a realización de tarefas, a suspensión das actividades extraescolares, a expulsión do centro durante un máximo dun mes, ata chegar ao cambio de instituto.

Esta lei ademais, axiliza o réxime sancionador aos alumnos ata o punto de que condutas graves, que nestes momentos tardan en resolverse máis de dous meses, dirimiranse nun máximo de 22 días.

Horarios de Grupo. Curso 11-12. DEFINITIVOS

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA ANO 2010

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.077 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen nesta táboa e que non fora beneficiario desta axuda no verán de 2008 ou no verán de 2009

Acceso á Orde de convocatoria.

Acceso ao cartel informativo.

 

 O prazo de presentación de solicitudes remata o día 12 de marzo

Impresos

Documentación do Centro, actualizada e necesaria para distintas actividades ao longo do curso

Distribuir contido