Secretaría, Impresos

DÍAS NON LECTIVOS

A Xefatura Territorial, vista a proposta do Consello Escolar, declarou NON LECTIVOS para este curso os días 20/03/2020 e 04/05/2020.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Detectouse un erro no volcado de datos da aplicación que xestiona o préstamo dos libros de texto do fondo solidario polo que os datos dos libros asignados a cada alumno publicados anteriormente non son correctos.

Ao longo desta semana os titores e titoras, xunto coa secretaria do centro, irán comunicando ao alumnado os libros que lles corresponden.

 

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

De acordo coa ORDE do 3 de maio de 2019 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20, publícanse as listaxes definitivas de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario e a listaxe definitiva de solicitudes excluídas.

Aqueles beneficiarios de vales de axuda poderán pasar a recollelos na secretaría do centro.

INICIO DO CURSO 2019/2020

O curso comezará o luns 16 de setembro ás 10:45 horas, según o seguinte horario:

 

1º ESO 10:45
2º ESO 11:15
3º ESO 11:45
4º ESO 12:15

 

Ese día o servizo de transporte escolar fará as rutas no horario habitual, polo que:

  • Aquel alumnado que non poida achegarse ao instituto pola súa conta poderá facer uso do servizo de transporte escolar no horario habitual (chegada ao instituto ás 8:45).
  • A saída será ás 14:25, de acordo co horario habitual.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

De acordo coa ORDE do 3 de maio de 2019 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20, publícanse as listaxes provisionais de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario e a listaxe provisional de solicitudes excluídas.

As persoas interesadas poderán reclamar ata o día 15 de xullo ás 13:00 horas.

As listaxes definitivas publicaranse o 13 de setembro de 2019.

Unha vez publicadas as listaxes definitivas, poderán recollerse os vales de axuda pola contía concedida en cada caso.

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

De acordo coa ORDE do 3 de maio de 2019 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20, publícanse as listaxes provisionais de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario e a listaxe provisional de solicitudes excluídas.

As persoas interesadas poderán reclamar ata o día 15 de xullo ás 13:00 horas.

SETEMBRO CURSO 2018/19

Achegamos información das datas de exames, entrega de notas, devolución de libros do fondo solidario e matrícula de setembro.

MATRÍCULA CURSO 19-20

O ALUMNADO QUE APROBOU TODAS AS MATERIAS NA CONVOCATORIA ORDINARIA DE XUÑO OU QUE PROCEDE DE PRIMARIA DEBERÁ MATRICULARSE OS DÍAS 1, 2 E 3 DE XULLO (entre as 9:30 e as 13:30 horas).

XORNADA DE INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS. TRANSICIÓN DE PRIMARIA Á ESO

O IES Nº1 A Estrada invita ás familias dos centros de Educación de infantil e primaria adscritos, a coñecer as nosas instalacións e a proporcionarlles información de interese sobre a nova etapa.
A reunión terá lugar o martes, día 28 de maio ás 19:00 h na biblioteca do noso centro.

Distribuir contido