Skip to Content

Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Idioma extranxeiro

ACTIVIDADE DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2017

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2017

 

 

NOTA INFORMATIVA DO 27 DE FEBREIRO

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa.
- Lémbrase a necesidade de achegar, xunto coa documentación, a fotocopia de todas as páxinas cubertas do libro de familia ou, de non dispor deste, da documentación que xustifique o número total de membros da unidade familiar.
- Indícase a importancia de facilitar, alomenos, un teléfono de contacto, procurando cubrir todas informacións indicadas na solicitude en letra lexible.

Nota Anexo II:  As persoas que elixan a opción "imprimir para entrega por Rexistro Oficial obterán DOUS arquivos en formato pdf (anexos I e II) que deberán imprimir e asinar no lugar correspondente. Deberase ter en conta que, de marcar cun “x” os cadros no anexo II, significa non dar autorización (e a obriga de presentar a documentación correspondente). A autorización entenderase deixando os cadros en branco e asinando no lugar correspondente.
- No caso de remitir a solicitude vía Correo Postal (o Anexo I debe selarse e datarse por Correos), o enderezo de envío é:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Edf. Administrativo de San Caetano s/n
15781 – Santiago de Compostela (A Coruña)
 Prazo aberto dende o 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído)

 

 

 

 

 

 

 

 

Achega das familias (€)

MODALIDADE

DURACIÓN

RÉXIME ALOXAMENTO

Nº PRAZAS

CUSTO POR PRAZA (€)

GRUPO A

GRUPO B

GRUPO C

GRUPO D

2º BACHARELATO

Inglés en Galicia

1 semana

Residencia

33

800

100

180

300

350

1º BACHARELATO

Inglés en Galicia

1 semana

Residencia

59

800

100

180

300

350

4º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

90

550

70

125

220

275

3º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

120

550

70

125

220

275

2º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

190

550

70

125

220

275

1º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Inglés en Galicia

2 semanas

Residencia

190

550

70

125

220

275

 

 

 

Total prazas:

682

 

 
CONSULTAS
Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
Atención telefónica:  981957296 - 881997497 - 981957538

 

 

 

OUTUBRO: MES DA ALIMENTACIÓN NO IES Nº1

Como todos os anos adicamos este mes de outubro á Alimentación Saudable. Trátase de favorecer a toma de conciencia a importancia que a alimentación ten en  relación á saúde e ao rendemento académico, fomentando o consumo de froitas e verduras entre o alumnado. Trataríase así mesmo de potenciar a realización de almorzos equilibrados, imprencindibles para un axeitado rendemento escolar e de traballar aspectos relacionados coa nutrición: pirámide alimenticia, prevención de sobrepeso e obesidade,  consumo responsable, etc.

Terá lugar a exposición de material informativo sobre alimentación: “Aliméntate mellor”, “O almorzo perfecto”.  Incluirase tamén material sobre alimentación para as titorías: Enlaces con xogos, actividades interactivas, dinámicas, etc., sobre alimentación saudable para realizar nas horas de titorías.

Levamos a cabo a campaña: "Coñeces o teu IMC?" na que o alumnado pode calcular partindo do seu peso e estatura o Índice de Masa corporal e comprobar se está situado dentro dos parámetros saudables.

E para rematar iniciamos o Concurso de fotografía sobre  froitas e verduras. Aquí están as Bases.

 

 BASES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: 

FROITAS E VERDURAS 2015

1ª OBXECTIVOS

O concurso enmárcase dentro das actividades do Mes da Alimentación Saudable.

Os obxectivos do concurso son concienciar ao alumnado da necesidade de incluír as froitas e verduras na dieta, fomentando hábitos nutricionais saudables  e desenvolver súa capacidade creativa. 

2ª PARTICIPANTES

Poderán concorrer a este certame todos os alumnos/as do IES nº1 do Carballiño que o desexen, sen outra limitación que a  aceptación destas bases.

3ª REQUISITOS DAS FOTOGRAFÍAS

Cada autor/a poderá presentar un máximo de tres fotografías, realizadas con cámara dixital ou teléfono móbil,  que sexan únicas e orixinais e que non teñan sido difundidas por ningún medio de comunicación con anterioridade. 

Poderán ser en branco e negro ou en cor.

Terán como tema central “Froitas e verduras”.  Trátase de fotografar dun xeito creativo e/ ou artístico exemplares de froitas e verduras, poñendo de manifesto a súa cor, textura, variedade, etc.

Non se admitirán fotomontaxes ou aquelas fotografías que sexan modificadas dixitalmente con aplicacións de retoque fotográfico salvo retoques de brillos, ton, contraste, etc... usados para mellorar a calidade da fotografía.

As fotografías pódense enviar en calquera formato jpg, gif, bmp,.. cunha resolución

mínima de 850 x 638 px e máxima de 1632 x 1224 px. e deberán ocupar entre 1 e 3 Mb de espazo.

 Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas ao autor/a ou que non sexan propiedade do/a mesmo/a.

Non se aceptarán obras que polo seu contido poidan ofender, ferir ou danar os dereitos, sentimentos e/ou crenzas de terceiros. Os organizadores presupoñen que o fotógrafo/a ten a autorización e/ ou permiso das persoas que aparecen nos traballos presentados, recaendo sobre o autor/a a responsabilidade relacionada co dereito á intimidade.

4ª ENVÍO DE FOTOGRAFÍAS

Enviaranse dous arquivos:

Nun arquivo: Incluirase a fotografía como documento adxunto, cun título e en lugar da sinatura debe aparecer un pseudónimo.

Noutro arquivo: Inclúese o mesmo pseudónimo e os datos de identificación do  concursante. Deberán indicarse:

- Datos completos do autor/a e pseudónimo. Curso e número.

- Título da fotografía.

- Lugar de realización da fotografía.

- Comentario (opcional).

- Correo electrónico.

Deberán  enviarse ao enderezo de correo estralotes@gmail.com

5ª RECEPCIÓN DE OBRAS

O prazo de admisión comenzará o día 6 de outubro de 2015 e rematará ás 12:00 horas do día 15 de outubro de 2015.

6ª EXPOSICIÓN DAS IMAXES

Unha vez que as fotografías sexan recibidas, analizaranse todas e cada unha delas antes de ser expostas nunha galería de fotos ligada á Web do instituto, polo que os concursantes asumen que as fotos poderían ser descargadas por calquera persoa. As imaxes poderán ser valoradas libremente polos visitantes da web, sen que isto presupoña un anticipo da decisión do xurado.

7ª PREMIOS

Os premios están aínda sen determinar.

Os premios serán indivisibles e poderán ser declarados desertos.

A entrega de premios terá lugar nun acto público que se anunciará previamente, coa presenza dos autores galardoados.

8ª XURADO

O Xurado estará composto por membros da A.N.P.A. e/ou profesorado e alumnos do centro.

A resolución  do Xurado será inapelable e non estará suxeita  a reclamacións.

9ª PUBLICACIÓN DAS OBRAS

As obras finalistas poderán ser publicadas na revista Portátil e/ou utilizarse para realizar unha exposición fotográfica no centro, citando sempre os seus autores.

CLUB DE DEBATE

CLUB DE DEBATE: "VIVIMOS NUN SISTEMA CORRUPTO"

 O sábado día 7 de marzo tivo lugar en Pontevedra a edición 2015 do Club de Debate ao que asistiu  o equip do IES Nº1 Carballiño,  integrado por Nazaret Pedrouzo González, Héctor López Lorenzo, Manuel Vázquez Augusto e Víctor Xesús Barreiro Domínguez e dirixido polas profesoras, Dona Ana Lousado Duro e Dona Nieves Abelleira Gómez. Participaron tamén IES A Xunqueira 1, IES Luís Seoane, IES Valle Inclán, e IES de Ponte Caldelas. Parabéns a todos polo traballo, esforzo e tempo adicados e sorte para a final que se vai celebrar en Carballo o 26 de abril.

 

EU SON ROSALÍA

Concurso escolar de recitado de poesía “Rosalía sempre viva”

 O sábado 21 de febreiro tivo lugar na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei o concurso escolar de recitado de poesía "Rosalía sempre viva", no que participaron tres alumnos do noso Centro:

  • Ana Ross Castro Janeiro
  • Esteban Decabo Nogueira.
  • Nazaret Pedrouzo González.

 

CONCERTO, VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA E VIAXE A LUGO

O día 21 de Novembro realizáronse no IES Nº1 do Carballiño múltiples actividades. Por unha banda o alumnado de 3º da ESO realizou unha viaxe a Santiago de Compostela coa finalidade de asistir a un Concerto Didáctico no Auditorio de Galicia. Posteriormente desprazáronse ata a sé do Parlamento Autonómico para coñecer de primeira man as instalacións e as actividades do maior órgano representativo da comunidade autónoma. A actividade foi organizada polos Departamentos de Música e Ciencias Sociais e o alumnado estivo acompañado polas profesoras Ana Rivera, Nieves Abelleira e Mª Carmen Hernández Castejón.

 

 

 

Por outra banda os alumnos/as de 1º da ESO trasladáronse á cidade de Lugo para realizar unha actividade no Rutas Literarias polo Museo Provincial de Lugo. Organizou esta viaxe o Departamento de Lingua Galega e Literatura e foron acompañados por Ana Lousado, Celso Fernández e Marían Rodríguez. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut