Skip to Content

CARTA ÁS FAMILIAS

Estimadas familias.

 

 

 

Estes días chégannos moitas preguntas por parte das familias sobre o inicio do curso, un curso que segue sendo especial pero non tan distinto do que coñecíamos do curso anterior.

 

Deben saber que estamos a organizar e programar todos os aspectos escolares e materiais necesarios para que a volta sexa o máis segura posible e para que o noso alumando teña garantido o seu dereito á educación.

 

O noso propósito é comezar coa máxima normalidade e seguridade posibles e que o noso alumnado só teña que preocuparse dos seus estudos, aínda que como vostedes saben estamos nas mans dunha circunstancia imprevisible que cambia día a día.

 

Para conseguir a maior seguridade, é preciso cumprir as normas coa máxima firmeza. Este ano seguirán sendo moi estritas e toda a comunidade ten que comprometerse a acatalas.

 

Trataremos de facer unha reunión cos pais, non presencial, para aclarar nivel a nivel todas as dúbidas que vos poidan xurdir. Indicaremos na vindeira semana o día e as horas da mesma.

 

Lembren que todas as comunicacións faranse a través da páxina web do centro e nas aplicacións previstas para este tipo de anuncios: Abalar móbil.

 

Nelas tamén explicaremos as normas e a forma de proceder nos distintos escenarios que se poidan presentar.

 

Adiantamos esta información para a súa tranquilidade e para rogarlles a súa colaboración na consideración de se as comunicacións que teñan que facer co centro son urxentes ou non.

 

Moitas grazas.

 

Atentamente, Equipo directivo

 

 



story | by Dr. Radut