En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril. Podedes atopar máis información no seguinte documento:
O prazo para solicitar as becas para alumnado que cursarán no 2024-2025 1º BAC , 2ºBAC e estudos universitarios e outros estudos postobrigatorios ( Ciclos Medios…) empezará o vindeiro 19 de marzo ás 09:00 horas da mañá e rematará as 15:00 horas do 10 de maio.