O vindeiro 25 de xuño comeza o proceso de matriculación que dura ata o 10 de xullo.
Poderán coller o sobre de matrícula no que van todas as instrucións e documentación que precisan o día 27 de xuño, día no que se darán tamén as notas (ESO e extraordinaria de BACHARELATO) por parte dos titores ás 10:00 horas na súa aula correspondente.
Por organización interna rogamos, na medida do posible, que veñan no día estipulado, que será o seguinte:
HORARIO DE MATRICULACIÓN A PARTIR DAS 08:30 HORAS
28 de XUÑO: 1º E 2º DE BACHARELATO
29 DE XUÑO: 4º ESO
30 DE XUÑO: 2º E 3º ESO
1 DE XULLO: 1º ESO