Skip to Content

COMUNICADO

Segundo as instrucións do 27 de marzo dirixidas ás Direccións dos Centros Educativos de Ensino non universitario sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre, anúnciase que o vindeiro venres, día 3 de abril, serán publicadas as notas da segunda avaliación na plataforma Abalarmóbil. Rógase que, se dispoñen dun teléfono móbil con sistema operativo iOS ou Android, descarguen dita aplicación dende Apple Store (se o sistema operativo é iOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).

Se algunha persoa ten dificultades para recibir esta información a través da plataforma abalarmóbil, comuníquenolo, por favor, a través do correo do Centro (ies.numero1.carballino@edu.xunta.es) para buscar a forma de que reciban as cualificacións.

Abaixo dispoñen de dous ficheiros adxuntos que os poden guiar para o proceso de descarga e instalación de AbalarMóbil.

AdxuntoTamaño
espazoabalar Guía abalarmóbil.pdf1.8 MB
Triptico abalarMobil.pdf200.02 KB


page | by Dr. Radut