Skip to Content

INICIO DE CURSO

02/09/2022 12:29
Atlantic/Bermuda

Estimadas familias:

Estamos a piques de comezar o curso 2022-2023 e queremos desexarvos a todos un bo inicio que de seguro estará cargado de momentos marabillosos. Mandamos as primeiras indicacións e seguiremos informando de cantas novidades e aspectos sexan relevantes.

Estamos á vosa disposición

Unha aperta en nome da comunidade educativa do IES Nº1 .

Equipo directivo

Indicacións varias Xullo 2022

LISTAS DEFINITIVAS:
Pódense consultar en horario de oficina durante os meses de xullo e agosto.
 

PARA RECOLLIDA DE VALES:
A partir do xoves día 21 de xullo e durante os meses de agosto e setembro, en horario de oficina, pódense recoller os vales para aquelas familias que lles foran adxudicados..

Daranse aos pais do alumno/a ou a persoas que presenten unha autorización en nome dos pais.

 
FONDO DE LIBROS:
Distribuiranse en setembro, unha vez que empecemos a xornada lectiva e cando teñamos preparados todos os lotes de cada alumno.

PUBLICACIÓN PROVISIONAL LISTAS FONDO SOLIDARIO

PUBLICADAS NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO AS LISTAS PROVISIONAIS DE FONDO SOLIDARIO, TEÑEN DOUS DÍAS PARA A SÚA RECLAMACIÓN 

Acualización 2022-07-15:

Publicadas listas definitivas en administración do IES, poden consultar en horario de oficina

Resultados da enquisa sobre o cambio de nome do centro

Achégase resume dos resultados da enquisa realizada á comunidade educativa sobre o cambio de nome do centro

Libros de texto para o curso 2022-2023

Achégase o listado de libros de texto para o curso 2022-2023

Enquisa para o cambio de nome do centro

Na seguinte ligazón accédese á enquisa sobre o cambio de nome do centro. Estará dispoñible ata o día 27 de Xuño.

Enquisa

Matrícula para o curso 2022-2023

 

O vindeiro 25 de xuño comeza o proceso de matriculación que dura ata o 10 de xullo.

 

Poderán coller o sobre de matrícula no que van todas as instrucións e documentación que precisan o día 27 de xuño, día no que se darán tamén as notas (ESO e extraordinaria de BACHARELATO) por parte dos titores ás 10:00 horas na súa aula correspondente.

 

Por organización interna rogamos, na medida do posible, que veñan no día estipulado, que será o seguinte:

 

HORARIO DE MATRICULACIÓN A PARTIR DAS 08:30 HORAS

 

28 de XUÑO: 1º E 2º DE BACHARELATO

 

29 DE XUÑO: 4º ESO

 

30 DE XUÑO: 2º E 3º ESO

 

1 DE XULLO: 1º ESO

Distribuir contido


by Dr. Radut