Skip to Content

PRAZO bolsas para estudos postobrigatorios

Estimadas familias:

Informamos que o prazo para solicitar as bolsas para  estudos postobrigatorios (Bacharelatos, FP, Universidade), será do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023, ambos inclusive.
Non haberá máis prazos así que non vos despistedes!
Para máis información ou axuda podedes acudir ao departamento de orientación.

Aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2023/24

As familias poden solicitar ata o 20 de marzo praza para os seus fillos nos centros educativos para o curso 2023/24

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

Os trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática creada para tal fin no Portal Educativo

Ligazón

Xornada de portas abertas

O vindeiro día 23 de Xaneiro ás 18:00 horas convidamos ás familias do novo alumnado do curso 2023/2024, no Salón de Actos do IES Nº1

ADMISIÓN ALUMNADO 23-24

Acto na praza maior polo pasamento de Guadalupe

O Concello do Carballiño realiza unha convocatoria para mañá, martes 27 de decembro, ás 12:00h, na Praza Maior, co fin de ter un minuto de silencio en memoria de Guadalupe Díaz González e trasladar así o seu pésame á familia, amigos, e a toda a comunidade educativa que coincidiu na súa etapa como docente do IES Nº1 do Carballiño.
Asemade, o Concello do Carballiño quere facer extensivo este acto ás familias do resto dos falecidos no sinistro.

Despedida a Guada

Mañá, 26 de decembro de 2022, entre as 12:00 e 18:00, poderemos despedir á nosa querida compañeira Guada no tanatorio de San Marcos de Pontevedra, e transmitirlle á súa familia e seres queridos o noso cariño e ánimo nestes intres tan duros.
O IES Nº1 expresa a súa profunda conmoción por esta traxedia e levará unhas flores en nome de toda a comunidade educativa.
 
Deixamos constancia do enderezo do tanatorio:

TANATORIO SAN MARCOS
RÚA CAMPOSANTO, 2
36004 ( Pontevedra)
667755511
 
Á volta enfocaremos unha pequena homenaxe da que daremos datos o primeiro día de regreso das vacacións de Nadal.
 
Forza e ánimo nestes momentos tan tristes e duros.

O equipo directivo

En lembranza

Guadalupe Díaz González

Sempre estarás entre nós

Distribuir contido


by Dr. Radut