Skip to Content

Orientación

PREMIOS EXTRAORDINARIO DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO

Aquí podedes consultar a convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico.

RESIDENCIAS ESTUDANTES USC

No arquivo adxunto podedes consultar a convocatoria de prazas nas residencias da USC.

 

O prazo remata o 28 de xuño.

HORARIO ABAU

Podedes ver no PDF adxunto o horario da ABAU 2022.

Tamén deixo dous PDFs máis coas instrucción para darse de alta en NERTA unha vez que teñades feita a matrícula da ABAU no centro así como para o paga da ABAU online dende NERTA.

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022

Orde do 31 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311A).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2022 e rematará o día 25 de maio de 2022.

CALENDARIO ABAU 2022

No arquivo adxunto podedes consultar o calendario da ABAU 2022.

BECAS MEC

BOLSAS MINISTERIO EDUCACIÓN: solicitudes curso 2022/23 

O sábado 12/03/2022, publicouse no BOE a convocatoria de becas de carácter xeral para o curso 2022/23, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios. 

O prazo de solicitudes será do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022, a través da Sede Electrónica do Ministerio. Non vos dispistedes!!

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html 

 

Para máis información ou axuda para facer as solicitudes no departamento de orientación.

 

Novos graos universitarios no Sistema Universitario Galego no curso 2022-2023

As tres Universidades de Galicia teñen proxectado implantar novos títulos universitarios para ol próximo curso 2022-2023. Aquí tendes os novos graos previstos para o próximo curso: 

NOVOS GRAOS PROXECTADOS NA UNIVERSIDADE DE VIGO (UVIGO): Enlace al anuncio en su web.

  • Grao en Deseño: Terá dúas mencións, unha mención en Diseño de moda e outra mención en Diseño Gráfico e Dixital. 
 
NOVOS GRAOS PROXECTADOS NA UNIVERSIDADE  DE SANTIAGO DE COMPOSTELA: Enlace al anuncio en su web.
 
NOVOS GRAOS CONXUNTOS ENTRE VARIAS UNIVERSIDADES: Enlace al anuncio en la web de la UDC. 
  • Grao en Relacións Internacionais (grao interuniversitario entre a Universidade de Vigo ela Universidade de Coruña). Terá dúas mencións, unha mención en Cooperación para o desarrollo, outra mención en Xestión de proxectos e negocios internacionais.
  • Grao en Intelixencia Artificial (grao interuniversitario entre a Universidade de Vigo, Universidade da Coruña e Universidade de Santiago de Compostela)

Distribuir contido


by Dr. Radut