Skip to Content

Orientación

ABAU 2024

Información ABAU 2024:

- Horario

- Ponderación

- Notas corte

HORARIO ABAU 2024

Pincha aqui para ver o horario da ABAU 2024.

PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS MEDIO E SUPERIOR

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

 

MÁIS INFORMACIÓN:

Calendrio probas

Orde 21 de decembro de 2023

Solicitude ABAU alumnado NEAE (2024)

Poderá solicitar a aplicación deste procedemento o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en segundo de bacharelato e que se presente á proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade no sistema universitario de Galicia (ABAU), cando requira unha adaptación específica para a súa realización.

As solicitudes deberán facerse unicamente a través do centro no que o/a estudante realizase os estudos de bacharelato.

As adaptacións que pode prestar a CiUG están recollidas no anexo II.

Prazo de solicitudes
Para que a CiUG poida levar a cabo as medidas que se determinen, a data límite para a entrega de documentación no centro será o 31 de xaneiro de 2024,  o envío de solicitudes a CIUG será o 02/02/2024, salvo casos excepcionais que xurdan con posterioridade.

ANEXO II

Probas para acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado nos niveis B1, B2 e C1

A Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional e Universidades convoca, a través da Resolución do 29 de setembro de 2023 publicada no seu portal, a xestión das probas de nivel lingüístico para o alumnado. Destinado ao alumnado matriculado en Bacharelato e 4º de ESO no curso 2023-2024, que poderá acreditar a competencia en lingua estranxeira non niveis B1, B2 e C1.

O IES Nº1 do Carballliño solicitará participar nesta convocatoria, para o que é necesario determinar o alumnado interesado, que debe entregar no centro, antes do día 31 de outubro de 2023, o compromiso individual asinado pola familia que está a vosa disposición na secretaría do centro.

Proposta provisional dos parámetros de ponderación da ABAU en Galicia para o curso 2024-2025

 A Ciug publicou unha proposta provisional de parámetros de ponderación da ABAU en Galicia para o curso 2024 -2025. 

 

É unha proposta suxeita a modificacións, que recolle as ponderacións das materias da fase voluntaria do currículo de bacharelato LOMLOE.

 

Podedes consultar o documento neste enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut